Por desgracia,estos días atrais rematei de ler
¿Para que sirven las aves?
Téñolle unha especial admiración a Toñete. Con
el pasei a miña primeira xornada na Estaca de Bares, mirando cos prismáticos que
el me prestou e atendendo as explicacións que me ía dando ó tempo que na súa
cabeza se amontoaban os números que cada 15 minutos volcaba na súa pequena
libreta negra. Ese frío día de Novembro a miña forma de ver a aves mudou
drásticamente.
Teño que recoñecer que cando Toñete me falou do
libro pensei que sería só apto para os “frikies”que disfrutamos da observación
das aves. Agora teño que recoñecer que estaba moi confundido.
Os páxaros son tan só o fío conductor para
guiarnos dende a costa coruñesa ata un mundo de sensacións, anécdotas
históricas, catástrofes, escuras tramas... un mundo forxado sobre a base de anos
de intensas vivencias e templado coa súa sublime escritura.
Sen dúbida un libro para ler amodo e disfrutar,
e non só os paxareiros, senón todo aquel o que lle guste ler, teña unha pouca
curiosidade e ganas de disfrutar.
Xa son poucos os ornitólogos e entusiastas da
natureza que non contan co libro na súa estantería e a crítica de todos converxe
nun punto. este é un libro feito non só para nós senón que é un libro
aconsellable para todo o mundo.
Se tivera que expresar en poucas palabras o que
provocou en min a lectura deste libro diria que moita curiosidade, rabia,
tristeza, risa, sorpresa, e finalmente unha inmensa sensación de
liberdade.
Tan só queda felicitar a Toñete, ademáis de
excelente persona , gran ornitólogo e gran comunicador anbiental, agora, tamén
sensacional escritor.
¡Gracias, Toñito!